Escuchar
mércores, 12 Febreiro, 2020

Dúas persoas resultaron intoxicadas polo monóxido de carbono procedente dunha mala combustión dun quentador nunha casa en Tui.

Os feitos sucederon na rúa Colón, ao fío das 23:30 horas da pasada noite.

Nese momento, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do sucedido ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros do Baixo Miño, da Garda Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da empresa subministradora do gas.