Escuchar
venres, 25 Xaneiro, 2019

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nun accidente de tráfico no que se viu implicado un turismo que caeu por un barranco duns dez metros. Sucedeu no Rosal, na estrada que une San Xiao e Portocelo, ao fío das 14:45 horas.

Nese momento, unha persoa contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro. Na súa chamada indicaba que as dúas persoas que viaxaban no turismo accidentado puideran saír polo seu propio pé do interior do vehículo.

Con estes datos, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron  a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente descartouse a súa intervención. Ademais desde o 112 Galicia pasouse o aviso aos efectivos do GES da Guarda, aos Bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil.

Xa no punto, os membros do GES da Guarda confirmaron que as persoas se atopaban accesibles e as axudaron a chegar ata a ambulancia.