Escuchar
mércores, 19 Febreiro, 2020

Dúas persoas resultaron feridas, o condutor dun turismo e o dun camión, despois de producirse unha colisión entre os vehículos nos que circulaban no termo municipal coruñés de Rois. O accidente produciuse na AC-301, á altura do cruce de Seira.

Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia ao fío das 10:10 horas para dar conta do sinistro.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Padrón e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rois.

Motorista ferido
Por outra banda, en San Cibrao das Viñas, unha colisión entre un coche e unha moto saldouse co motorista ferido. Os feitos sucederon na N-525, concretamente no punto quilométrico 234, ao redor das 8:35 horas.

Nese momento, unha persoa particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia. Axiña, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, dos efectivos do GES do Pereiro de Aguiar, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas.