Escuchar
mércores, 15 Xaneiro, 2020

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nunha colisión na que se viron implicados dous turismos en Riotorto. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Barreiros, ao quedar atrapada no interior dun dos coches accidentados.

O sinistro produciuse na N-640, á altura do punto quilométrico 48, na parroquia de A Órrea.

Debido á gravidade do accidente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Nada máis ter coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular ao fío das 14:15 horas, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, as dúas persoas feridas foron trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti.