Escuchar
martes, 24 Xullo, 2018

Unha colisión entre un turismo e un camión en Vigo saldouse con dúas persoas feridas. O accidente ocorreu en Beade, ás 12:00 horas.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias e, decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo e da Policía Local.

Colisión entre dous camións
Por outra banda, en Parada de Sil, un home resultou ferido despois de producirse unha colisión entre dous camións. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un dos vehículos implicados, no que viaxaba a vítima, foi un camión cisterna de formigón que circulaba sen carga no momento do sinistro.

Os feitos tiveron lugar á altura da Lama, na estrada que une Vilariño Frío e Parada de Sil.

Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do ocorrido ás 12:20 horas. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou do accidente ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao GES de Castro Caldelas.