Escuchar
martes, 18 Febreiro, 2020

Dúas persoas resultaron feridas a pasada noite en Sanxenxo ao envorcar o turismo no que viaxaban. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos efectivos do GES de Sanxenxo, ao quedar atrapada no interior do vehículo accidentado, para que fose atendida polos profesionais sanitarios.

O sinistro produciuse no lugar de Seixomil, na parroquia de Nantes, ao fio das 22:00 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do accidente ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Ribadumia, á Policía Local e ao GES de Sanxenxo.

Colisión múltiple
Por outra banda, en Vilalba, tres persoas precisaron asistencia médica despois dunha colisión entre outros tantos vehículos. Ocorreu na N-120, concretamente no punto quilométrico 7.

Foi unha persoa particular quen, ás 20:10 horas, deu a voz de alarma ao 112 Galicia.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e do Servizo Municipal de Protección Civil.