Escuchar
sábado, 26 Setembro, 2020

Os servizos sanitarios desprazaron esta mañá unha ambulancia ata a rúa do Bravo, en Navia,  Vigo, para prestar asistencia a dúas persoas que resultaron afectadas  despois de producirse un incendio nun pendello anexo á súa vivenda.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio, uns minutos antes das 12:00 horas,  a través dunha persoa particular. Informaba dun incendio na casa duns veciños.

Ata o lugar, desprazáronse ademais do persoal sanitario, os Bombeiros de Vigo e a Policía Local. Tamén foron informados os efectivos de Protección Civil da cidade.

Así, nada mais chegar ao punto, os Bombeiros confirmaron que o lume xa fora extinguido polos mesmos donos. Unha fuga na goma do fornelo de gas que utilizaban para quentar unha pota, estourou e, posiblemente, foi a causa da orixe do lume.

O dono resultou ferido con queimaduras e a súa dona, tras sufrir  unha crise de ansiedade tamén tivo que ser atendida polos profesionais sanitarios. 

Desde o 112 Galicia informouse da situación ao persoal da empresa subministradora deste gas.

Accidente doméstico en Carballeda de Avia
Tamén, este mediodía, pasados uns minutos das 12:15 horas, o 112 Galicia era informado doutro accidente nun domicilio particular situado en Vilar de Condes, no concello de Carballeda de Avia.

Foi un particular quen, a esa hora, chamou ao 112 para solicitar asistencia para unha persoa que sufrira un corte mentres cortaba leña no seu domicilio.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras ser avisados polo 112 Galicia, comunicou que o helicóptero medicalizado con base en Ourense dirixíase ata o lugar.

Así mesmo, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.