Alertas activas:

Escuchar
domingo, 23 Agosto, 2020

Dúas persoas resultaron feridas este mediodía despois de colidir un cabalo e unha motocicleta preto do Faro de Budiño, no concello do Porriño.

O accidente rexistrouse cando ambos circulaban pola estrada de subida cara o faro. Ambos feridos estaban liberados e accesibles.

Por iso, foi necesaria a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes de Tráfico e Policía Local. Ademais, informouse aos Bombeiros do Baixo Miño e aos voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Finalmente, un dos feridos foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.