Escuchar
xoves, 6 Febreiro, 2020

Unha colisión entre catro vehículos -un camión e tres turismos- deixa un total de dúas persoas evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia, en Xove.

O accidente sucedeu ás 09:45 horas desta mañá, momento no que varios usuarios da vía alertaban ao 112 Galicia dunha colisión na CG-2.3, no punto quilométrico 4, concretamente na saída de Xove, sentido Burela.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia avisou, ademais dos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Viveiro, aos membros do GES de Cervo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, informouse do ocorrido aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Compre destacar que neste accidente non foi preciso o uso do material de excarceración xa que as vítimas atopábanse liberadas e accesibles.