Escuchar
xoves, 27 Agosto, 2020

Un incendio declarado a pasada noite nun piso en Lugo, no que ardeu un sofá, saldouse con dúas persoas trasladadas ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

O incendio orixinouse nunha vivenda dun inmoble situado na Rúa Chantada, ao fío das 00:30 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia de que vía saír moito fume no patio de luces do edificio.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.