Escuchar

Suceso que xera unha situación obxectiva de perigo requirindo unha acción inmediata. Supón a materialización dun perigo ou risco que poida orixinarse por distintos factores (naturais, tecnolóxicos ou humanos), producindo efectos en bens materiais e/ou humanos. Tipos de emerxencia:
-E. Ordinaria: Situación de pequena ou escasa magnitude nas que a súa xestión é realizada a través de protocolos de actuación.
-E. excepcional: Situación moi grave que pola súa magnitude, especial singularidade e/ou repercusión social requira a mobilización de grande cantidade de recursos, e que pola súa tipoloxía ou complexidade circula por varios protocolos de actuación ou, de ser o caso, esixe un tratamento específico.

Galego
Temática: 
Sucesos obxecto de atención