Escuchar
martes, 5 Febreiro, 2019

Unha moza tivo que ser evacuada polo helicóptero medicalizado con base en Santiago debido aos diversos traumatismos sufridos a causa dun accidente en Vila de Cruces.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro rexistrouse ás 17:15 horas, cando a condutora saíuse da vía no lugar de Loño e bateu contra a cuneta. Aínda que puido saír do coche polos seus propios medios, necesitou asistencia médica e mesmo foi trasladada na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). 

Ademais do equipo médico, desde o 112 Galicia, avisouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén aos Bombeiros do Deza, que prestaron a súa colaboración malia a que a persoa estaba liberada e accesible.