Escuchar
venres, 10 Xullo, 2020

Unha persoa resultou ferida de consideración esta tarde en Vila de Cruces despois de que o tractor que manexaba envorcase no lugar de Souto.

Para atender á persoa accidentada, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado, no que foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sucedido a través dos servizos sanitarios, uns minutos despois das 17:45 horas.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Local, dos Bombeiros de Silleda, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Garda Civil de Tráfico. Tamén, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido aos efectivos do GES de Lalín.