Escoitar
martes, 17 Novembro, 2020

Os servizos sanitarios trasladaron esta tarde a un home ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago que presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de gas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos efectivos de emerxencia que acudiron ao domicilio do afectado, o suceso produciuse pouco despois das tres horas da tarde de hoxe, no concello coruñés de Negreira. Nese momento, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiron ao número 26 da Rúa da Cachurra para atender a un home con diversos síntomas dunha posible intoxicación.

Desde o 112 Galicia, informouse decontado aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión e aos axentes da Policía Local. Igualmente, avisouse aos responsables da empresa que subministra o gas á vivenda e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de intervención fixeron as medicións pertinentes e indicaron que un forno puido ser a causa do escape nocivo de gas.