Escoitar
mércores, 3 Marzo, 2021

Dous operarios resultaron feridos ao mediodía de hoxe, un deles de consideración, ao sufrir unha caída de altura mentres realizaban o seu traballo no campo da feira do municipio lucense do Corgo.

O 112 Galicia recibiu a alerta a través dunha chamada dos profesionais sanitarios ao fío das 14:45 horas. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, os dous traballadores necesitaban asistencia médica urxente.

Así, para prestar apoio ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil.

Finalmente, os feridos foron trasladados ao centro médico de referencia.