Escuchar
sábado, 26 Setembro, 2020

No veleiro navegaban catro tripulantes, dos cales, tres foron rescatados polo helicóptero do servizo de GardaCostas de Galicia, o Pesca 1 e trasladados ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, aínda que, aparentemente só un deles, precisaba asistencia sanitaria. O cuarto tripulante, o patrón do barco, permaneceu no mesmo ata que puido ser remolcado por unha embarcación de Salvamento Marítimo.

Tras recibir o aviso do Servizo de GardaCostas de Galicia, pasadas as 17:30 horas de onte, o 112 Galicia contactou co persoal de Salvamento Marítimo, que indicou que estaban auxiliando a un veleiro con problemas.

Tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os membros do GES de Val Miñor.