Escuchar
Consello maio 2019

Identificar a avespa velutina ou evitar a formación de enxames nas casas e edificios é un traballo de todos. 

Existen fórmulas baratas e sinxelas para previr a formación dun enxame de abellas na casa e en edificios. Para evitar que se cree un niño na túa vivenda, ten en conta:

  • Instala unha malla de aceiro inoxidable de 3 milímetros de luz
  • Colócaa en cámaras de ventilación, bocas de chemineas e ocos de persianas
  • Nunca tapes con escuma de poliuretano
  • Se atopas un niño mantén unha distancia de seguridade de ao menos cinco metros

Cando previr a formación de enxames non é tan doado ou mesmo cando se trata da avespa velutina, convén seguir estas recomendacións:

Primeiro, debemos saber diferenciar esta especie da autóctona. Como?

  • Os niños das avespas velutinas son en forma de pera
  • A avespa velutina é de maior tamaño que a común e ten a cabeza e tórax negros
  • Os extremos das patas tamén son de cor amarela

Segundo, cando teñamos recompilada toda esta información, podemos chamar ao teléfono da Xunta de Galicia 012 ou ao número único de atención ás emerxencias 112, se a localización do niño supón un risco para persoas alérxicas, enfermos ou menores.

Informar aos operadores e operadoras sobre as características do niño axudará aos equipos de intervención a planificar a súa retirada.