Escoitar
martes, 26 Xuño, 2018

Unha muller resultou ferida onte no concello pontevedrés do Grove despois de colidir o turismo no que viaxaba contra outro cando circulaban pola estrada que une Pontevedra con Sanxenxo, á altura do lugar de Ardia.  Ademais, foi precisa a intervención dos membros do GES de Sanxenxo para liberar á muller do interior do vehículo no que viaxaba.


O accidente ocorreu pasados uns  minutos das 20:00 horas deste luns. Foi a esa hora cando varios particulares informaban ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos e, posiblemente, con persoas feridas.


A partir de aí, dende o CIAE alertouse decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ribadumia e tamén se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e dos membros do GES de Sanxenxo, que nada mais chegar ao lugar indicaron que foi preciso cortar unha das portas dun dos vehículos para evacuar á muller ferida.