Escuchar
sábado, 25 Xaneiro, 2020

Unha saída de vía na N-640, á altura do punto quilométrico 65, rematou co condutor do vehículo excarcerado na tarde de hoxe. Unha vez liberado, o ferido foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 16:30 horas cando axentes da Garda Civil de Tráfico chamaron para informar dun accidente no concello lucense de Pol. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, a persoa necesitaba axuda para abandonar o vehículo.

De inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, dos membros de Protección Civil e do servizo de mantemento da vía.

Unha vez no lugar do sinistro, os bombeiros fixeron uso do material de excarceración para liberar ao único implicado no accidente que, finalmente, puido ser evacuado en ambulancia ao centro hospitalario.