Escuchar
sábado, 4 Maio, 2019

O incendio declarado a pasada tarde nunha nave de venta de mobles quedou totalmente extinguido. Ao fío das 21:30 horas, os Bombeiros de Arteixo comunicaban ao 112 Galicia a extinción do lume na súa totalidade. Aínda así, para evitar que as lapas se reavivasen,  os medios mobilizados permaneceron no lugar ata ben entrada a madrugada, removendo os taboleiros que arderan e ventilando a zona.

Con todo,  distintos almacéns con mobles, colchóns e somieres almacenados  nun dos sotos da nave, resultaron calcinados.  Tamén, a zona do aparcadoiro situada nas proximidades do soto, se viu afectado pola intensidade da calor provocando que o cabreado caese sobre algúns dos coches que había estacionados. Sen embargo, ningún dos turismos ardeu.

Nas tarefas de extinción participaron varias dotacións de bombeiros procedentes dos parques de Arteixo, Coruña e Betanzos. Así mesmo, prestaron a súa colaboración os efectivos do servizo local de Protección Civil e os axentes das Policías Local e Autonómica.

Incendio en Narón
Tamén, os Bombeiros de Narón foron mobilizados esta madrugada para un incendio nunha nave de aluminios situada no Polígono do Río do Pozo, en Xubia.

O 112 Galicia recibiu a chamada de alerta a través dos axentes da Policía Nacional, pasados uns minutos das 05:00 horas e xa indicaban que os Bombeiros estaban actuando no punto, tras ser alertados por eles mesmos. Tras rematar as tarefas de extinción, os Bombeiros comunicaron que se trataba dunha nave rodeada por dous departamentos de carpintería e unicamente ardeu unha pila de madeira.