Escuchar
venres, 24 Xaneiro, 2020

O incendio que arrasou a nave industrial do Polígono do Río do Pozo, en Narón, quedou sufocado na tarde de hoxe despois de 24 horas dun complexo traballo de extinción por parte dos equipos de emerxencia.

Ás 17:30 horas, os Bombeiros de Narón daban por extinguidas as lapas e informaban ao 112 Galicia que un dos membros do Servizo de Extinción Prevención de Incendios e Salvamento permanecería no lugar por se fose necesario volver a intervir.

A estrutura da fábrica viuse comprometida debido á cantidade de material afectado polo lume e ás altas temperaturas alcanzadas no interior das instalacións. Por iso, ata que as condicións de seguridade na zona sexan restablecidas, o perímetro que delimita o entorno da nave permanecerá acordoado.