Escuchar
mércores, 24 Xullo, 2019

Un home perdeu a vida esta noite ao ser atropelado no termo municipal coruñés de Oroso. O accidente tivo lugar na N-550, concretamente no punto quilométrico 47, ao fío das 5:00 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Ordes e de Santiago.

Unha vez no lugar do accidente, a pesar dos esforzos realizados, os servizos de emerxencia tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Sete feridos en Sanxenxo
Por outra banda, sete persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous coches en Sanxenxo. Ocorreu no punto quilométrico VG-4.1, no punto quilométrico 21.

Varias persoas particulares alertaban ao 112 Galicia do sinistro ás 22:55 horas.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Sanxenxo e dos Bombeiros de Ribadumia.