Escuchar
mércores, 1 Abril, 2020

Un home foi localizado sen vida debaixo dun tractor envorcado en Triacastela.

O 112 Galicia tivo constancia do tráxico accidente cando pasaban uns minutos das nove da noite de onte grazas á chamada de alerta dun veciño.

Ao lugar do sinistro, en Vilavella, desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do señor. Ademais, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Sarria para liberar á vítima, que permanecía atrapada debaixo do tractor.

Nestas tarefas tamén colaboraron os membros do GES de Becerreá e acudiron os axentes da Garda Civil co fin de coñecer todos os detalles do accidente.