Escuchar
luns, 22 Xullo, 2019

Un varón faleceu esta tarde despois de ser rescatado da auga na praia de Perbes no concello coruñés de Miño.

Sucedeu preto das 16:00 horas momento no que varios particulares alertaban ao 112 Galicia dun varón rescatado da auga. Indicaban no seu relato que varias persoas tentaban reanimar á persoa.

Axiña, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Garda Civil. Tamén informouse o persoal socorrista da praia, aínda que os medios desprazados no lugar confirmaron que o home estaba fóra da auga.

Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Sufre unha indisposición en Barro
Unha muller tivo que ser evacuada nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia a causa dunha indisposición cando paseaba no termo municipal pontevedrés de Barro.

Sucedeu ás 18:15 horas, momento en que unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dunha muller que caera a auga nos muíños da Barosa. Ademais, engadía no seu relato que unha persoa trataba de reanimar a muller.

De seguido, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do persoal sanitario do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago hata o lugar, dos Bombeiros do Salnés e dos axentes da Garda Civil. Do mesmo xeito, informouse aos membros do GES de Valga e Protección Civil de Caldas de Reis e da localidade.