Escuchar
luns, 6 Agosto, 2018

Un operario perdeu a vida esta tarde na Coruña despois de caerlle encima varias pranchas de cristal de grandes dimensións. Os feitos ocorreron no porto, no peirao de Calvo Sotelo, ao fío das 15:10 horas.

Nese momento, Autoridade Portuaria informaba ao 112 Galicia do accidente laboral e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil, á Policía Nacional e aos Bombeiros da Coruña.

Ademais, dende o CIAE se informou do sucedido ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao traballador.