Escuchar
xoves, 15 Novembro, 2018

Un operario perdeu a vida a pasada tarde en Cambre ao precipitarse do tellado no que traballaba. Ocorreu no lugar da Barcala, ao fío das 19:00 horas.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través do persoal do 061-Urxencias Sanitarias e, decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil e de Protección Civil.

Unha vez no lugar do accidente laboral, os efectivos sanitarios na puideron facer por salvarlle a vida ao traballador.