Escuchar
luns, 24 Febreiro, 2020

Un operario faleceu despois de caerlle enriba unha árbore cando realizaba o seu traballo no monte, en Sabadelle, na localidade lucense de Chantada. Ademais, outro traballador tamén resultou ferido e tivo que ser evacuado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tras recibir a chamada de alerta do persoal sanitario, a escasos minutos das 11:00 horas desta mañá, comunicando a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para asistir a un traballador ao que lle caera unha árbore enriba, os xestores do 112, pasaron aviso decontado á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.

Tamén foron informados os Bombeiros de Chantada para axudar na evacuación dos accidentados, pois a zona presentaba dificultades de acceso ao persoal médico, aínda que, finalmente, non foi precisa a súa intervención.

O traballador ferido foi trasladado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.