Escuchar
luns, 15 Xullo, 2019

Un operario perdeu a vida esta tarde despois de sufrir unha caída de altura cando traballaba nunha vivenda situada na parroquia de Aciveiro, en Forcarei.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o home faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida e malia a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para a rápida evacuación en caso de ser necesario. 

Ao lugar do accidente, concretamente O Forno, tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circuntancias nas que se produciu o suceso, que tivo lugar ás 17:45 horas de hoxe. 

Outro traballador ferido en Santiago
Non foi o único accidente laboral en Galicia no día de hoxe, en Santiago, outro operario do sector da construción foi evacuado de urxencia para ser atendido das lesións provocadas por unha caída dun tellado na estrada de Chaián. 

A alerta sobre este accidente recibiuse no 112 ás 12:30 horas de hoxe mediante a chamada dun veciño que pedía asistencia médica urxente para un operario ferido. Así, ademais dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse á Policía Local e Nacional. 

Finalmente, o ferido foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.