Escuchar
xoves, 17 Outubro, 2019

Unha muller perdeu a vida esta tarde despois de caer ao interior dun pozo no termo municipal coruñés da Laracha. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Bergantiños recuperaron do interior do pozo o corpo sen vida da muller precipitada.

Os feitos ocorreron no lugar do Feal, ao fío das 15:30 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do sucedido.

Nada máis ter constancia do suceso, os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriron a intervención dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Bergantiños, da Policía Local, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Laracha.

A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.