Escuchar
domingo, 24 Maio, 2020

Unha persoa perdeu a vida esta mañá na parroquia de Raxó, no concello pontevedrés de Poio despois de recibir a picadura dun insecto, posiblemente de abella.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso, pasados uns minutos das 10:15 horas. Foi a esa hora, cando os profesionais sanitarios comunicaban a mobilización dunha aeronave cun equipo médico a bordo para o lugar.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia deron conta dos feitos aos membros do GES de Sanxenxo, aos axentes da Garda Civil, da Policía local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.