Escuchar
martes, 28 Maio, 2019

A colisión entre un tractor e un turismo en Cambados na tarde de hoxe rematou co condutor do vehículo agrícola trasladado en helicóptero ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 17:30 horas tras recibir a chamada dunha persoa particular. No seu relato, o alertante solicitaba asistencia para o condutor do tractor, que tras chocar contra un coche na parroquia pontevedresa de Santo Adrián de Vilariño, quedou ferido.

De inmediato, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.

Debido á importancia do accidente, persoal sanitario confirmou a mobilización da aeronave, que despois de tomar terra no lugar dos feitos, trasladou o ferido ata o centro hospitalario.