Escuchar
venres, 11 Xaneiro, 2019

Un ciclista resultou ferido a pasada noite en Vilagarcía de Arousa tras un posible atropelo. O accidente produciuse no lugar da Bouza, na parróquia de Santa Eulalia de Arealonga.

Poucos minutos despois das 23:00 horas da noite de onte, varias persoas particulares chamaron o 112 Galicia para informar dos feitos. Indicaban que o home estaba tendido na estrada inconsciente e respirando con dificultade, na PO-305, na altura do punto quilométrico 5.

De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia estableceuse comunicación co 061-Urxencias Sanitarias. Tamén se alertou aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, aos voluntarios de Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento de estradas.

Finalmente, os servizos sanitarios trasladaron á persoa ferida ata o centro hospitalario de referencia.