Escuchar
sábado, 30 Maio, 2020

Un motorista foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña tras resultar ferido despois de precipitarse co seu vehículo desde unha ponte.

Foi un particular quen, ás 20:15 horas da pasada noite, chamou ao 112 Galicia para dar conta dos feitos. De acordo co seu relato, o accidente tivo lugar en Lonzas e, a causa do impacto, o ferido atópase inconsciente.

Decontado, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local.

Unha vez no lugar, o equipo médico tratou de atender ao ferido e evacualo ata o centro hospitalario.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse tamén aos Bombeiros da Coruña e aos membros de Protección Civil da localidade.