Escuchar
Extra Hidratación

Espérase que a partir de hoxe un fenómeno adverso de nivel amarelo por altas temperaturas, que podería alcanzar os 36º, afecte á zona de Miño, en Ourense. Por iso, non estaría de máis que tomes nota destes consellos de protección. Para empezar, prestemos atención a aqueles colectivos que poden acusar máis os efectos da calor. Así, os nenos, os maiores e os enfermos crónicos necesitan extra hidratación.

Ademais, todos e todas debemos beber aínda sen sede para reducir o impacto sobre a saúde das altas temperaturas. Tamén,

  • Cómpre evitar as bebidas con cafeína, que fan aumentar a frecuencia cardíaca
     
  • Aproveita as sombras se saes á rúa
     
  • Utiliza roupa lixeira, gafas de sol, sombreiro e non escatimes en cremas de protección solar
  • Quizáis non sexa o mellor día para ir de paparota, pois as comidas copiosas tardan máis en dixerirse (máis traballo para o corpo)
  • Reduce a actividade física
     
  • Na casa, durante o día, pecha as fiestras e baixa as presianas. Pola noite, cando descendan as temperaturas, aproveita para ventilar
     
  • Comproba que os alimentos que inxires cumpran coas medidas de conservación necesarias
     
  • Ante calquera emerxencia chama ao teléfono 112