Escuchar
domingo, 16 Xuño, 2019

Os dous ocupantes dun vehículo foron excarcerados esta tarde do seu interior despois de saírse da vía. O accidente ocorreu pasados uns minutos das 16:00 horas desta tarde, cando o vehículo circulaba pola N-525, entre Fumaces e Verín.

Ata o lugar desprazáronse de inmediato ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Verín, que confirmaron  a excarceración dos dous ocupantes do turismo. Tamén, desde o 112 Galicia púxose en alerta á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Ciclista ferido grave en Vilamarín
En Vilamarín (Ourense), o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado este mediodía da caída dun ciclista que circulaba pola N-525, á altura do parque empresarial. Tras recibir a chamada do alertante, sobre as 13:30 horas,  o 112 Galicia informou  ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes de Tráfico, aos Bombeiros do Carballiño e aos efectivos de Protección Civil de Coles e de Vilamarín. Debido á importancia das lesións que presentaba o ferido, os sanitarios confirmaron ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Finalmente, pese á gravidade, o ferido puido ser trasladado polos profesionais sanitarios nunha ambulancia.