Escuchar

Debido á emerxencia sanitaria provocada polo novo coronavirus, debemos permanecer na casa e manter de forma frecuente as medidas de hixiene. Ademais das mans, a casa, especialmente as zonas comúns, deben estar limpas e desinfectadas. 

Por iso, queremos poñer o foco sobre a utilización constante de produtos de limpeza e a necesidade de gardalos fóra da vista dos cativos e cativas se queremos evitar calquera tipo de intoxicación.

Igualmente, aproveitamos a ocasión para lembrar outras accidentes que contribúen a mellorar as condicións de seguridade na casa:

  • Deixa o chan libre de obxectos
  • Ademais dos produtos de limpeza, mantén as medicinas fóra do alcance da cativada
  • Evita sobrecargas en enchufes
  • Afasta os mobles da beira das fiestras