Escuchar
venres, 23 Agosto, 2019

Un accidente no lugar de Covelo, no concello pontevedrés da Lama, rematou co condutor do vehículo ferido neste mediodía. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o varón saíuse da vía co coche que conducía e precipitouse por un terraplén.

Os feitos tiveron lugar ás 12:30 horas, próximo ao lugar do Pelete. Foi nese momento cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiron unha chamada solicitando axuda para acceder a unha persoa no interior dun vehículo precipitado.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o CIAE solicitouse tamén a intervención dos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico e a dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia comprobaron que o home atopábase liberado e accesible, non sendo necesario o uso do material de excarceración.