Escuchar
mércores, 4 Decembro, 2019

Un lume iniciado nun depósito de almacenaxe de lascas está totalmente extinguido. Así o comunicaron os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil ao 112 Galicia, unha vez refrixeraron  o lugar pola calor acumulada, tras extinguir o lume .

Todo aconteceu, sobre as 17:15 horas desta tarde, cando un alertante chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía un secadoiro de labras, que o estaban tentando apagar pero que seguía fumeando. Aseguraba ademais que non había persoas afectadas.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Betanzos, que decontado se achegaron ao punto. Tamén, alertouse á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Igualmente, por precaución, informouse da situación ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.  

O incendio ocorreu nunha empresa do sector da madeira, situada na Avenida de Castela, no concello coruñés de Betanzos.