Escuchar
luns, 3 Agosto, 2020

Os bombeiros liberaron esta mañá ao ocupante dun turismo que quedou atrapado despois de saírse da vía na estrada de Carreira a San Sadurniño, ao paso por Narón.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das nove desta mañá e ao punto acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender ao ferido en canto foi rescatado do interior do vehículo.

Por iso, tamén foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Narón e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local.