Escuchar
mércores, 27 Xuño, 2018

Unha persoa quedou atrapada no interior dun turismo despois de saírse da vía e bater contra a mediana na AG-55, ao paso polo concello coruñés da Laracha.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro rexistrouse ás 14:30 horas de hoxe á altura de Cabovilaño, en sentido á Coruña, e, como consecuencia do impacto, un dos ocupantes quedou atrapado. Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos efectivos do Servizo de Prevención, Exintinción de Incendios e Salvamento de Carballo para liberar á persoa e facilitar o traballo dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias. 

No coche viaxaban dúas persoas, pero só unha necesitou da axuda dos bombeiros para saír do vehículo que quedou envorcado sobre a mediana.