Escuchar
luns, 6 Abril, 2020

Os bombeiros acudiron esta mañá ao domicilio dun home que caeu sobre unha mesa de cristal no interior do seu domicilio.

Debido a que o afectado quedou atrapado polos restos do moble, cristais e ferro, foi necesaria a intervención dos efectivos do parque municipal, ademais dos profesionais sanitarios.

A alerta activouse no 112 Galicia ás 9:30 horas desta mañá a través dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan unha dotación na Avenida de Vigo, en Ferrol, para asistir ao paciente. Sen embargo, a situación na que quedou o home fixo necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol, que contribuíron ao rescate e atención da vítima.

Ademais, contouse coa colaboración dos axentes da Policía Local.

Co afán de previr posibles caídas ou accidentes no fogar, podemos seguir estas recomendacións orientadas a incrementar a seguridade na casa e con especial atención ás persoas maiores coas que convivimos ou que viven soas e gozan dun bo estado de saúde. Saiban que estas accións tan básicas poden axudarnos a reducir as posibilidades de sufrir ese tipo de incidente.