Escuchar

Antes de que empecen a baixar as temperaturas e as chuvias sexan persistentes, convén realizar algúns traballos de limpeza no tellado das nosas cosas. 

  • Retira a feluxe acumulada na cheminea
  • Retira as follas e restos de vexetación que podian taponar as baixantes

Desta forma, consegues reducir riscos. Pensa que a medida que baixen as temperaturas, os incendios en chemineas serán cada vez máis frecuentes para o conduto para expulsión do fume está taponado pola feluxe.

Ademais, se retiras as follas secas, pólas ou outros restos, diminúe a posibilidade de sufrir pingueiras.

O mesmo pasa co sistema de calefacción: antes de poñelo a funcionar de novo, precisa dunha revisión e limpeza a fondo.