Escuchar

Contra o frío, abrigarse cunhas boas luvas, pucho e bufanda cada vez que haxa que botar un pé na rúa, pero, mentres esteas na casa, fai un uso responsable das fontes de calor. Especialmente, se empregas estufas, calefactores ou braseiros, pois recorda que nunca deben funcionar de forma prolongada sen ventilación constante.

Ademais de intoxicacións, os aparellos de calor son a principal causa de incendios en vivendas. Por eso, recorda:

  • Mantén os obxectos inflamables afastados das fontes de calor.
  • Ventila a estancia de cando en vez.
  • Para evitar sobrecargas, procura que haxa como moito tres aparellos conectados por cada extensión e enchufe.
  • A chama sempre ten que ser de cor azul.
  • Un detector pode avisar da presenza de gases nocivos antes que a súa acumulación sexa daniña para a saúde.
  • Ante mareos, dor de cabeza, vómitos, etc: apaga os aparellos, corta o subministro de gas e ventila a habitación.