Escuchar
venres, 22 Marzo, 2019

O corpo sen vida dunha muller foi encontrado flotando no río Sarria, en Lugo.

Unha chamada dunha persoa particular ao fío das 20:00 horas da tarde de onte puxo en alerta aos servizos de emerxencia. No seu relato, o alertante indicaba que acababa de ver a unha persoa flotando no río.

Desde o 112 Galicia, activouse un operativo que contou coa participación da Garda Civil, da Policía Local, dos Bombeiros de Sarria, dos voluntarios de Protección Civil e tamén dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez no lugar do achado e tras confirmarse o pasamento da muller polos servizos sanitarios, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.