Alertas activas:

Escuchar
domingo, 20 Setembro, 2020

Os servizos de emerxencia rescataron esta tarde a un pescador que quedou atrapado nunhas rochas ao subir a marea en Punta Herminia, na Coruña. Para levar a terra ao home, os Bombeiros da Coruña desprazáronse nunha lancha ata a zona e o achegaron, san e salvo, ata a dársena de Oza.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ao fío das 16:30 horas para dar conta da situación na que se atopaba o pescador. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da cidade, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Policía Nacional e Local.