Escuchar
sábado, 23 Maio, 2020

Unha persoa foi rescatada ao caer á auga no embalse de Meicende, no concello coruñés de Arteixo.

Ás 22:30 horas, axentes da Policía Local de Arteixo puxéronse en contacto co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitarios urxente para un home que caera na auga do encoro. Decontado, os xestores de emerxencia puxeron en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada polos Bombeiros ao 112 Galicia, foron os propios veciños que se encontraban preto do lugar quen rescataron á persoa, que se atopaba a flote, polo que, finalmente, non foi precisa a intervención dos medios de rescate.

Nada mais ser rescatada, os profesionais sanitarios encargáronse da evacuación da persoa ata o Completo Hospitalario Universitario da Coruña.