Escuchar
xoves, 28 Marzo, 2019

Unha muller resultou ferida  despois de colidir o coche que conducía contra un camión cando circulaban á altura da saída da A-52, dirección Madrid, na localidade de Xinzo de Limia. Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Xinzo para liberar á muller, que quedou atrapada no interior do turismo.

Nada mais recibir a alerta dun particular, pasados uns minutos das 17:00 horas desta tarde,  desde o 112 Galicia púxose en marcha un dispositivo no que, ademais dos servizos sanitarios de urxencia e os Bombeiros tamén participaron os axentes de Tráfico, da Policía Local e e os efectivos de Protección Civil.

Unha vez liberada o persoal sanitario encargouse da súa evacuación.  

Ferida en Carballo
Tamén, minutos antes das 15:00 horas, outra muller resultaba ferida nun accidente en Carballo. Neste caso tratouse dunha saída de vía, na estrada que une as localidades de Carballo e Santiago, á altura de Ardaña.

Ata o lugar desprazáronse ademais do persoal do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Carballo que, aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración si colaboraron co persoal sanitario na evacuación da ferida. Así mesmo, tamén os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil acudiron ao punto, tras ser alertados polo 112 Galicia.

Unha ambulancia do 061 trasladou á ferida ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).