Escuchar
domingo, 10 Marzo, 2019

Uns sendeiristas extraviados usan o whatsapp para facilitar a súa localización na Ruta das Fervenzas de Somede, en As Pontes.

Trátase da segunda localización a través desta aplicación móbil no que vai de fin de semana, despois de que un motorista da modalidade de Enduro sufrira unha caída no Monte Galiñeiro, en Gondomar.

En As Pontes, unha familia de cinco membros, entre os que se atopaban dous menores, perdeuse cando percorrían unha senda na parroquia pontesa de San Mamede de Somede. Pasaban das oito da tarde e a escuridade crecente lles impedía recuperar o camiño de volta ao seu vehículo, polo que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deron indicacións ao comunicante para o envío mediante mensaxe de whatsapp das coordenadas da súa localización e así facilitar a chegada os servizos de emerxencias. 

Con estes datos, desde o 112 Galicia, informouse aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade, que apenas unha hora despois deron co paradoiro da familia, que, pese ao susto, atopábanse en perfecto estado de saúde.

É a segunda intervención no día de onte na que se utiliza esta aplicación móbil para a localización de persoas en situación de urxencia e/ou perigo. Durante a mañá do sábado, este sistema permitiu a localización e atención médica a un motorista da modalidade de Enduro que resultou ferido grave tras unha caída co seu vehículo no Monte do Galiñeiros, en Gondomar.

Así, desde o 112 Galicia, recoméndase o uso dalgunha aplicación móbil que facilite a localización especialmente cando temos pensado realizar actividades ao aire libre.