Escuchar
mércores, 6 Marzo, 2019

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia contabilizou un total de 340 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa en apenas dous días.

Por fortuna, ningunha das incidencias xestionadas revestiu gravidade e a maior parte tiveron que ver coa caída de árbores e pólas, o desprazamento de mobiliario urbanos, bolsas de auga e actuacións dos servizos de emerxencias para a prevención de riscos.

Deste xeito, desde as 13 horas de onte ata as 18 horas desta tarde, o 112 Galicia sumou un total de 142 incidencias motivadas pola caída de vexetación ás estradas e pistas, 38 pola caída de obxectos á vía, 46 accións dos equipos de emerxencias para evitar riscos e 17 por acumulación de auga na calzada, entre outros tipos de intervencións menores.

Por provincias, A Coruña (153) foi a que aglutinou o maior número das incidencias relacionadas coa borrasca, seguida de Pontevedra (138), Lugo (30) e Ourense (16).