Escuchar

Si, todos e todas coñecemos ben como temos que comportarnos ante un paso de peóns, pero cómpre repasar estas claves se non queremos comprometer a nosa seguridade e a dos condutores e condutoras.

Moitas veces por apuro, por comodidade ou por exceso de confianza, atravesamos a rúa polo lugar equivocado cando temos un paso a escasos metros. Pon atención a estes consellos para garantir seguridade vial.

  • Busca sempre o paso de peóns
  • Antes de atravesar, comproba que te viron
  • Imprescindible mirar cara aos dous lados da rúa
  • Agarda a que o vehículo se deteña completamente
  • Toma o paso de peóns como se fose un stop
  • Mentres camiñas, garda o móbil: evita distraccións